Quince expoñentes do futuro da arte contemporánea reúnense no Museo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Quince obras nacidas dos proxectos artísticos e de investigación que ao longo do presente curso desenvolveu o alumnado do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, da Facultade de Belas Artes, integran unha nova edición da exposición "Iso segue o seu curso", que na tarde deste martes inaugurouse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Coordinada polos docentes Mar Caldas e Xosé Manuel Buxán, a exposición que facultade e museo promoven anualmente desde 2012 reúne unha serie de creacións que constitúen ou forman parte dos traballos de fin de mestrado de nove alumnas e seis alumnos a piques de titularse e que se presenta unha continuación da súa senda de profesionalidade artística, creadora e investigadora.
Fotografía, pintura, escultura, instalacións ou videocreacións forman parte dunha exposición que poderá visitarse ata o 7 de xuño.
Irina Alegre, Jugatx Astorkia, Luis Baltar, Hugo Catania, Sabela Condesa, Raquel Fernández, Juan Fontaíña, Iván Graña, Paula Jaraices, Alejandra Lago, Sara Martínez, Santiago Morales, Mariña Pérez, Brasi Romero e Ariadna Yáñez son protagonistas desta exposición e tamén da nova promoción do mestrado que coordina Anne Heyvaert.