Os "bolos" do Local de Música regresan con novidades ás Festas de Verán
Por Redacción
Un programa de formación musical e acompañamento durante o curso para mellorar a proposta de negocio, musical e de escena dos grupos musicais. É o novo enfoque dos 15bolos do Local de Música, que se transforman nos Bolos do Local.
Segundo explicou o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, trátase de evolucionar o proxecto inicial para mellorar as posibilidades e potencialidades das bandas musicais de Pontevedra.
Neste proceso de formación, Os Bolos do Local conclúen con tres citas musicais. A primeira será o Serán de tralla, vindeiro 22 de xuño, no Local de Música. Este serán pretende darlle entrada aos grupos máis noveis, ofrecéndolles un escenario para tocar.
Será como o "festival de fin de curso" e nel tocarán Hidden Hate, Waterproof, Ciclogénesis, Doctor Animal, Krazzie e Essa Galera.
A praza do Teucro acollerá, os días 23 e 24 de xullo, os antigos 15bolos, reconvertidos en Son da Serea, lembrando á serea á que buscaba Teucro cando atopou a morte en Galiza. A lenda indica que foi a serea a que lle amosou o emprazamento da nova vila.
En honor a Teucro tocarán, polo tanto, o día 23 de xullo Los puta mierda, Kaootik, Fondo Norte e Brutal; e o día 24 de xullo, Frank?, Skirl, Patricle e Onion Smile.
Son da Serea é unha formación medio-profesional que consiste nun proceso de formación profesional sobre os temas máis importantes para poñer en marcha o proxecto musical con bandas e solistas con certa traxectoria, pero sen dar o salto.
Compleméntase cun proceso de mentorización por profesionais do sector, e remata coa actuación na praza do Teucro. As xornadas formativas veñen desenvolvéndose dende o pasado mes de abril coa presenza de Tomy Desastre da Sala Mardigras de A Coruña, Marcos Rivas da Sala Karma ou Diejo Parajó do propio Local de Música.
O programa concluirá o 11 de agosto na praza da España co concerto da banda local Glitter & Litter, que serán teloneiros da xira de despedida de Rosendo.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Música pontevedresa para as noites de Novos Cinemas
Por Marisa Ciordia |
-
Os bolos de Frank?, Skirl, Patricle e Los puta mierda pechan o "Son da Serea"
Por Oskar Viéitez |
-
Doctor Animal, Kaootik, Fondo Norte e Brutal abren os 'bolos' na praza do Teucro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Mexillóns para todos na praia fluvial para celebrar o San Benitiño
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cinema na lúa propón cinco sesións ao aire libre na Pedreira
Por Redacción |
-
Seis bandas para un Serán de Tralla no Local de Música
Por Redacción |
-
Surfing the Lérez, a "romaría do rock" que marca o inicio das Festas de Verán
Por Alejandro Espiño |
-
Chegan as Festas de Verán, tres meses de actividades "case a diario"
Por Alejandro Espiño |
-
Rosendo, Bunbury, Antonio José, Carlos Sadness ou Mocedades estarán nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |