Concerto solidario no Pazo da Cultura no 50 aniversario da asociación Juan XXIII
Por Mónica Patxot & Redacción
O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra ofrecía a través da súa banda de música un concerto na noite deste mércores 30 no auditorio do Pazo da Cultura.
Este evento englóbase dentro da programación de actos previstos con motivo dos cincuenta anos de existencia da Asociación Juan XXIII, unha entidade que traballa para potenciar o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual.
Numerosas persoas asistiron a este concerto para colaborar de maneira solidaria con este colectivo. O importe das entradas era de cinco euros e a banda, dirixida por Iago Lariño colaborou de maneira desinteresada en beneficio da entidade.
A Asociación Juan XXIII conta cunha sede no Concello de Pontevedra e outro en Cangas onde os usuarios reciben diferentes atencións para mellorar a súa inserción social.