Estrea teatral de 'Monstruación' na Sala Karma
Por Redacción
Este sábado 19 o grupo Enconarte Producciones estrea na Sala Karma o espectáculo 'Monstruación' ás 21.30 horas.
A agrupación formada por Arantxa Treus, Rocío Romero e Deborah Vukusic progatonizou 'No es país para coños', que estaba escrita pola xornalista Diana López.
O texto desta nova obra é unha creación colectiva e a dirección corre a cargo da integrante de Ibuprofeno Teatro, Marián Bañobre.
Os ensaios deste espectáculo desenvolvéronse en Pontevedra e unha das actrices, Rocío Romero, é natural da capital pontevedresa e integrante do proxecto Turiña (Cunca e Nécora). As entradas para 'Monstruación' teñen un prezo de cinco euros.