Centos de culleres para escenificar unha divertida versión de 'Electra'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
A Companhia do Chapitô representaba este domingo no Pazo da Cultura o espectáculo 'Electra', que se integra dentro da Tempada de Teatro do Concello de Pontevedra.
Cunha montaxe minimalista en que os centos de culleres situadas sobre o chan cobraban un protagonismo determinante para caracterizar os personaxes, o grupo portugués representaba unha orixinal 'Electra', baseada no clásico de Eurípides.
Os tres intérpretes representaban a traxedia grega do rei Agamenón tras matar súa filla Ifgenia para despois morrer afogado pola súa esposa Clitemnestra e o seu amante Existo. A súa filla Electra decie levar a cabo a vinganza a través do seu irmán Orestes.
A posta en escena cargada de ritmo e de comicidade logrou que o público gozara desta enxeñosa e divertida versión en que o reparto formado por Jorge Cruz, Nadia Santos e Tiago Viegas se multiplica a través das pequenas culleres para ofrecer unha visión singular desta obra.
Este martes 15 de maio, ás 21.00 horas, a programación teatral trasladarase ao Teatro Principal coa función 'Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos', de Matrioshka Teatro baseada na obra e vida de María Victoria Moreno.
O prezo das entradas é de oito euros, con descontos de catro euros.