"Ben veñas, maio!" entrega os seus premios
Por Diego Torrado
O programa de promoción do uso do galego "Ben veñas, maio!" entregou este sábado no Pazo da Cultura os seus premios aos traballos dos estudantes de secundaria da cidade.
No certame musical o primeiro premio foi para Limbo (Xunqueira I), o segundo para Pandereteiras de Verducido (Xunqueira II) e o terceiro para Balíns (Valle Inclán).
En canto ao certame de narración curta, na categoría A gañou o primeiro premio "El recordábao ben", de Clara Castro López (IES Torrente); o segundo, "Diario dunha pantasma", de Emilia Alario Pastoriza (IES Torrente), e o accésit foi para "Como chegaran a iso", de Andrés Pardo Carballo (IES Torrente Ballester).
Respecto á categoría B, gañaron "O xardín", de Marcelo Caramés Obelleiro (IES A Xunqueira II), e "O escultor", de Álex García Arranz (IES A Xunqueira II).
"As razóns de vivir con medos", de Iria Méndez Mosquera (IES Valle Inclán) levou o primeiro premio na categoría A do certame de poesía, mentres que o segundo recaeu en "Alzando a miña voz", de Clara Fariña Castro (IES A Xunqueira II).
No referido á categoría B de poesía, o primeiro premio foi para "Saudade", de Cris Li Min Martínez García (IES Valle Inclán), e o segundo para "Pegadas", de Laura Corral Fernández (IES Torrente Ballester)
O certame de banda deseñada tamén incluíu dúas categorías. Na A gañou "Sen título?", de Diego Moledo Mouriño (IES Torrente Ballester). O segundo premio quedou deserto. Na categoría B foron recoñecidos "Elisa", de Anais Cerezal Pacho (IES A Xunqueira I), e "Blah", de Thomas Argibay Walker (IES A Xunqueira I).
"Ás e aos doantes de enes", de Carolina Munaiz Canosa (IES Sánchez Cantón), e "Caeu da burra", de Iria Ramos Vidal (IES A Xunqueira I), foron as galadoras do apartado de fotografía.
Nos de curtametraxes, o primeiro premio foi para "Cave draconem", de Enaitz Busto Ziarreta (IES A Xunqueira II), e o segundo para "As pensións", de Alfredo Fernández Marques (IES Sánchez Cantón).