O cartel do Armadiña Rock crece con Amparanoia e Skandalo GZ
Por Alejandro Espiño
Dúas novas bandas incorpóranse ao cartel do Armadiña Rock, festival que volverá encher de boa música a Praza da Chousa de Combarro os próximos días 24, 25 e 26 de agosto. Trátase de Amparanoia e Skandalo GZ, segundo confirmaron os organizadores.
A través das súas redes sociais, o Armadiña Rock anunciou que Amparanoia, a banda liderada por Amparo Sánchez, celebrará no festival a súa dilatada traxectoria de vinte anos no mundo da música, de amizades, viaxes e amizades.
Farano desde El poder de Machín ata o seu último disco, El coro de mi gente, nun concerto que será toda unha explosión de cores, experiencias e vitalidade.
Xunto a eles estarán Skandalo GZ, unha banda galega que se autodefine como "politicamente moi incorrectos" e músicos "para a clase obreira". Grazas a eles, seguro que o público do festival gozará coa súa música e non deixará de saltar.
Estes dous grupos súmanse ás tres confirmacións anunciadas hai uns días: Sés, The Lákazans e Noite Fechada.
Relacionadas:
-
Dez anos de Armadiña Rock que poñen a Combarro como "punto de referencia cultural"
Por Diego Espiño |
-
'Con Sentidiño!' Non é o tráiler de Fariña, é o spot do décimo festival Armadiña Rock
Por Redacción |
-
La Pegatina e Terbutalina coroan un cartel de luxo para o décimo Armadiña Rock
Por Alejandro Espiño |
-
Sés, The Lákazans e Noite Fechada celebrarán o décimo aniversario do Armadiña Rock
Por Alejandro Espiño |