O 'non á guerra' da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
O Teatro Principal acolleu este domingo unha nova cita co ciclo de primavera da Banda de Música de Pontevedra (BMP). O público puido gozar co concerto "O sen sentido das guerras", onde a formación contou con colaboracións especiais.
No escenario, os músicos da BMP estiveron acompañados pola actriz Cristina Collazo e a violinista Paula Diz.
Foi unha actuación cun marcado ton antibelicista, un concerto protesta ante os conflitos armados modernos.
O concerto, que estivo dirixido polo director titular da BMP, Rafael Agulló, incluíu no seu repertorio temas de Robert Jager, Otto M. Schwarz, Miguel Asíns Arbó e Dirk Brossé.
O ciclo de primavera concluirá o próximo 27 de maio cun concerto titulado ' Pangea', que contará con Abraham Cupeiro como artista invitado, un mozo que se dedica a recuperar e restaurar instrumentos antigos de todas partes do mundo.
Relacionadas:
-
Sete concertos integran "Sons na Rúa", o ciclo estival da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción |
-
A BMP 'abraza o Miño' para iniciar con sons de Galicia e Portugal o seu ciclo de primavera
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A diversidade, a paz e os novos prodixio, protagonistas do ciclo de primavera da BMP
Por David Arana & María López Verdial |
-
A Banda de Música de Pontevedra interpreta os sons da 'Terra Meiga'
Por Diego Torrado |