José Corbacho suspende o seu espectáculo "Corbacho 3G" en Pontevedra por "razóns técnicas"
Por Alejandro Espiño
As funcións de Corbacho 3G, o novo espectáculo de José Corbacho, en Pontevedra e A Coruña foron suspendidas. Os seus promotores, Casa Terrat, informaron a través da súa conta oficial de Twitter que por "razóns técnicas" da compañía víronse obrigados a suspender as dúas representacións.
ÿltima hora: suspendidas las funciones de #Corbacho3G de A Coruña y Pontevedra para el viernes y sábado por razones técnicas de la compañía.
Casa Terrat (@CasaTerrat) 30 de abril de 2013
No caso de Pontevedra, ía ser este mesmo sábado 4 de maio no Pazo da Cultura.
Segundo sinala a compañía Casa Terrat, aquelas persoas que adquiriran as súas entradas para ver o espectáculo en Pontevedra deberán dirixirse á taquilla do Pazo da Cultura ou ao servizo electrónico onde a compraron para que lles devolvan o diñeiro.
Todo fai pensar, polo tanto, que polo momento non se definiu outra data para poder programar este espectáculo en Pontevedra. En todo caso, o propio José Corbacho confirmou a PontevedraViva que están buscando unha nova data para as súas dúas funcións en Galicia.