Moncho Iglesias e Daniel Asorey, gañadores dos premios Johán Carballeira
Por Redacción
Daniel Asorey Vidal pola súa obra Transmatria e Moncho Iglesias Miguez por Corea do Norte: a vida dese outro lado. Son os dous gañadores dos premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo, respectivamente, que outorga o Concello de Bueu en homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira.
Nesta edición, a XV e a XXI de poesía, o xurado tivo que evaluar 74 propostas para a categoría de poesía e trece na de xornalismo. Despois de reunirse todos eles neste luns 30 de abril, este martes 1 de maio acaba de darse a coñecer o fallo.
Na categoría de poesía, o xurado composto polos escritores María Reimóndez, Elisabet Ríos Liste e Miguel Ángel Alonso Diaz decidiu outorgar o premio á obra de Daniel Asorey por maioría. Xustifica a súa decisión en que se trata dun libro de poemas no que "destaca a potencia dunha linguaxe innovadora e a explosión das marxes dos corpos como capacidade de transformar e superar o agardado".
En canto á categoría de xornalismo, o xurado compuxérono os xornalistas María Obelleiro Hermida e Roberto Amado Pazos e o presidente da asociación Amigos Johan Carballeira, Manuel A. Mosteiro García. Por maioría decidiron outourgar o premio á obra de Moncho Iglesias por "ofrecer unha prespectiva alternativa aos tópicos que promoven a maioría dos medios de comunicación sober Corea do Norte, achegándonos a unha realidade descoñecida que foxe da caricaturización".
Ademais, destacan que "parte dunha perspectiva pouco convencional dun viaxeiro que chega a un país asiático" e apostan por un xornalismo de xénero da crónica de viaxe, pouco habitual na prensa da actualidade.
O premio tivo como gañadoras na pasada edición a María Reimóndez co poemario Galicia en bus, e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en dúas mulleres: María Obelleiro, pola reportaxe O apartheid sanitario na Galiza e Montse Dopico polo traballo Galaxia vs Galaxia. A construción da hexemonía cultural.
Relacionadas:
-
Aser Álvarez González, gañador do XVI Premio Johán Carballeira de xornalismo
Por Redacción |
-
Case oitenta traballos optan aos premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo
Por Redacción |
-
Abre o prazo para presentarse aos premios de xornalismo e poesía Johán Carballeira
Por Redacción |
-
Récord de propostas para os premios Johán Carballeira de Bueu
Por Redacción |
-
Bueu entrega os premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo
Por Redacción |
-
65 traballos optan aos premios Johán Carballeira
Por Redacción |
-
Antón Lopo acada o XIII Premio Johán Carballeira de xornalismo
Por Redacción |
-
Pura Tejelo, gañadora do XIX Premio Johán Carballeira de poesía
Por Redacción |