A asociación etnográfica Sete Espadelas de Pontevedra enche o Teatro Colón cos traxes tradicionais
Por Redacción
A asociación etnográfica Sete Espadelas de Pontevedra continúa cultivando éxitos coa presentación do seu espectáculo 'Sete varas, un refaixo'. Nesta ocasión, lograron encher o Teatro Colón da Coruña co desfile máis grande de indumentaria tradicional que se realizou en Galicia.
A iniciativa ofrece unha exhibición de traxes tradicionais ao estilo das grandes pasarelas de alta costura, con música contemporánea que provoca a sorpresa dos espectadores. A agrupación xa presentara esta pasarela no Pazo da Deputación Provincial en 2017 logrando un importante recoñecemento. Nesta ocasión, a proposta ampliouse con dez traxes máis.
Nesta ocasión mostráronse 55 traxes, máis de 900 pezas, procedentes de lugares como Muros, Leiro, Santiago, As Mariñas ou Malpica de Bergantiños. Entre eles atopábanse traxes de garda, de domingo ou de ir á vila, de loito, de neno ou de "decotío". Os máis destacables foron seis traxes de garda antigos, algúns deles presentados en público por primeira vez.
A asociación Sete Espadelas leva anos recollendo, estudando e investigando estas pezas e logrou 15 premios no Día do Enxalzamento do Traxe de Santiago de Compostela e sete premios Antón Fraguas de Investigación do Traxe Galego.
Relacionadas:
-
Sete Espadelas, a grande triunfadora no concurso do Día do Enxalzamento do Traxe Galego
Por Oskar Viéitez |
-
Davide Salvado e a asociación Sete Espadelas presumen de tradición no Serán'01 do Gaiás
Por Redacción |
-
David Quiñones, de novo Premio de Investigación sobre o Traxe Tradicional Galego
Por Anxo Lourido |
-
O traxe tradicional galego loce na pasarela da Deputación Provincial
Por Diego Torrado |