Musigal 2018 nace para defender a música en galego e a igualdade de xénero
Representantes de distintos concellos pontevedreses e grupos musicais reuníanse este venres na Deputación de Pontevedra para acudir á presentación do proxecto Musigal 2018.
O acto foi conducido por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e Xosé Leal, deputado provincial de Cultura e Lingua. "Vivimos nunha comunidade cun talento extraordinario", afirmaba a presidenta, quen añadía que o que acontece en Pontevedra tamén sucede en cidades europeas con máis recursos e maior tamaño, polo que era necesario unha administración que actuase de altofalante e axudase dar a coñecer o talento local e promocionar "o noso".
Musigal 2018 nace co obxectivo de promover a música galega e en galego coa finalidade de conseguir normalizar e fomentar o uso da lingua. Ao mesmo tempo, o evento musical loita pola igualdade de xénero e defende valores igualitarios, permitindo que as mulleres teñan o espazo e a presenza que se merecen.
Dirixido a grupos e artistas profesionais da música, Musigal conta con seis categorías, demandadas pola cidadanía e que interesa fomentar, nas que poden inscribirse ata o 30 de abril. Son Muller, no que polo menos o 60% do equipo artístico e técnico é feminino; Son Actual, para grupos de pop, rock, hip hop ou música electrónica; Son Clásico, música clásica con composicións de autores galegos; Son Mocidade, no que mínimo o 60% do equipo técnico e artístico ten menos de 35 anos; Son Tradición, no que se engloban grupos de música tradicional galega e Son Crianza, dirixidos a público infantil e familiar que compoñen para os máis pequenos con xéneros para todos os gustos.
Desde a Deputación piden corresponsabilidade, por parte de todos, rogan que o esforzo económico que fan os concellos e os recursos facilitados a estes artistas sexan respectados polos cidadáns e se cree un feedback que permita o coñecemento dos artistas e actividades culturais para que nun futuro poidan seguir organizándose acontecementos como estes.
O acto pechouse cun piscolabis onde os artistas e os representantes dos concellos compartiron unhas palabras para as posibles actuacións futuras.