O Ábrete de orellas, candidato aos Premios Galegos da Música
Por Alejandro Espiño
O programa Ábrete de orellas, que PontevedraViva Radio emite desde este mes de abril, é un dos finalistas da quinta edición dos Premios Galegos da Música. Foi nomeado como mellor espazo de comunicación musical, un galardón que xa obtivo no ano 2016.
Os nomeados a estes premios coñecéronse nunha festa celebrada en Cambados. Agora, será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, quen escollerá os proxectos premiados, que serán homenaxeados na gala que se celebrará o próximo 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Os candidatos son:
Pop e Indie
- Eladio y los seres queridos
- Espiño
- Novedades Carminha
Rock:
- Igmig - Ai que lío
- Mad Martín Trío
- Moon Cresta
Jazz e músicas improvisadas
- Xacobe Martínez Antelo Trío
- Yago Vázquez Trío
- Virxilio da Silva's Juzz
Música clásica e contemporánea
- Aida Saco Beiroa
- Assane
- Som do Galpóm
Música tradicional e folk
- Tanxugueiras
- Xosé Lois Romeiro & Aliboria
- Os D'Abaixo
Músicas do mundo
- Nastasia Zürcher
- Turma Caipira
- Brais Morán
Música infantil
- A Gramola Gominola
- Pitusa Semifusa e Os Estilos Musicais
- Pakolas
Electrónica
- Músculo!
- Cintaadhesiva
- Mounqup
Metal
- Vörtex
- Arrhythmia
- Raiba
Reggae, ska e mestizaxe
- Chokotoeu
- The Turre's Band
- Natural Green
Orquestras, grupos e música de verbena
- Los Satélites
- Costa Dorada
- Grupo Limón
Blues, funk e soul
- Best Boy
- Carmen Rey
- The Lákazans
Canción de autor
- Caxade
- A Banda da Loba
- Uxía
Música vocal
- Sisters in the House
- De Vacas
- Encaixe
Mellor festival
- Nigránjazz
- Resurrection Fest
- Festival de Pardiñas
Mellor sala
- Sala Garufa Club
- A Arca da Noe
- El Contrabajo Club
Mellor espazo de comunicación musical
- Músicas galegas ilustradas
- Ábrete de orellas
- Tolemias.tv
Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de Músicos Ao Vivo mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos (superando os inscritos da anterior edición): 397 grupos, 14 salas, 22 festivais e 16 espazos de comunicación musical.
Durante o acto presentáronse tamén os chamados "melómanxs", as estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico, Víctor Lorenzo, que se entregarán aos premiados na gala de Pontevedra.
Alí, ademais dos 18 gañadores, entregarase tamén o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo, que este ano será dobre, un premio a dúas persoas moi valoradas polo sector musical galego.
Relacionadas:
-
RADIO.- Coñeces a Loiros e están de presentación en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Ábrete de orellas, mellor espazo de comunicación musical nos Premios Galegos da Música
Por Redacción |
-
RADIO.- "El club de la esquina" énchese de lendas do rock and roll
Por Redacción |
-
RADIO.- Ábrete de orellas con PontevedraViva Radio
Por Redacción |