A asociación Pousos da Area amosa traxes tradicionais e documentos históricos
Por Redacción
O Museo Manuel Torres acolle desde o venres 6 de abril a mostra de traxes e a exposición realizada pola Asociación Pousos da Area. Esta mostra atópase acompañada dun traballo realizado pola agrupación e resalta diferentes cuestións relacionadas cos oficios históricos, vencellados aos traxes de época.
Esta mostra ofrece tamén documentos inéditos de cantares en directo de distintos momentos que se foron acadando en varias zonas da provincia.
Trátase dun traballo de recollida e posta en valor que a asociación leva realizando durante estes anos, con actuacións e un labor artesanal para recuperar traxes históricos.
Durante a presentación desta mostra interveu Xosé Gil tocando unha gaita reconstruída, moi antiga, que pertence á familia de Os Marañóns.