Dende as Rías Baixas ata o outro lado do Atlántico coa música de 'Gold and Colt'
'Gold and Colt' é un grupo referente da música americana made in Galicia.
A súa proposta musical baséase na música con raíces norteamericanas, que fusionan delta-blues e country, mestura coa que son capaces de facer viaxar aos seus oíntes ao outro lado do Atlántico.
Esta é unha banda creada no ano 2011 e está formada polos músicos pontevedreses Dany Moure e Roberto Fernández (Crazy Rober).
Ata o momento contan na súa discografía con un EP (Gold and Colt / 2014) e un LP gravado en directo (Live at Ancestral Studios / 2017).
Despois de máis de 70 concertos nos dous últimos anos, este 2 de marzo comezaron a súa xira 'Wrong Man – Right Place 2018', que lles leva polas mellores salas e festivais de Galicia, Madrid e Asturias.
Durante este mes de marzo, dous son os concertos que terán lugar na provincia de Pontevedra.
O primeiro, o mércores 28, terá lugar en 'El Pequeño', local situado no Casco Histórico da cidade.
Dous días despois, o venres 30 de marzo, a súa actuación terá lugar en 'El Náutico', en San Vicente do Mar (O Grove).
Para consultar o resto de datas e localizacións dos concertos de 'Gold and Colt', basta con visitar a súa páxina de Facebook.
O grupo considera esta xira coma un preludio ante a gravación do seu segundo LP.