'Novedades Carminha' presenta en Vilagarcía o seu traballo máis ambicioso
'Novedades Carminha', o trío de punk e garaxerock, será o protagonista das Festas de Santa Rita, que se celebrarán en Vilagarcía entre o venres 18 de maio e o martes 22 de maio.
O programa, xa pechado pola concellería de Cultura, incluirá, como xa é tradición, unha feira celta na contorna do río do Con.
O concerto de 'Novedades Carminha' terá lugar o sábado 19 a partir das 23.00 horas, no parque da Xunqueira. O acceso será libre e gratuito.
No espectáculo, o grupo presentará o seu novo disco 'Campeones del Mundo', que consideran o seu traballo máis ambicioso ata o momento.
A banda asume linguaxes de estilos e xéneros que lles eran descoñecidos ata agora, polo que o resultado é un disco fresco e contemporáneo.
Para dar forma a este novo álbum, 'Novedades Carminha' conta coas colaboracións do rapeiro Hevi, Raúl Pérez aos mandos e Daniel Alonso ás teclas.
Para o soporte físico do disco, o encargado de recoller as imaxes foi o artista plástico Eloy Arribas, en colaboración coa deseñadora Cinta Arribas.
Con este novo lanzamento, o grupo espera converter ao público en partícipe do espectáculo.