O madrileño Lucas Colman actuará no Náutico do Grove
Por Redacción
O Náutico do Grove acollerá o sábado 24 de marzo a actuación do cantante madrileño Lucas Colman. O evento está enmarcado no circuito de músicas populares 'Girando por Salas', unha iniciativa nada para impulsar a artistas emerxentes do panorama español, que ten como patrocinador o Instituto das Artes Escénicas e da Música (INAEM).
Ás 20.00 horas os asistentes poderán escoitar en directo unha voz rota que lembra a artistas como Lichis ou Calamaro. Como influencias musicais destacan grupos como The Velvet Underground ou Jorge Drexler, aínda que as súas cancións melancólicas lembran ás melodías do grupo Pereza. De feito, o músico exerceu de teloneiro de Rubén Pozo, ex cantante e guitarrista da xa retirada agrupación.
O fillo primoxénito de Ernesto Colman, fundador de Vitaldent, presentará a Galicia o seu primeiro LP homónimo publicado en 2017 por Warner Music. O prezo da entrada é de 5 euros.