David Broncano trae a súa "vida moderna" a Pontevedra, xunto a Ignatius Farray e Quequé
Por Redacción & Diego Torrado
Máis de dúas horas de pura comedia. Así foi o espectáculo La Vida Moderna Live Show, encabezado polo cómico David Broncano, que encheu ata os topes o auditorio de Afundación en Pontevedra en dúas sesións consecutivas.
A Broncano acompañárono sobre o escenario Ignatius Farray e Quequé. Os tres fixeron rir ao público coa súa aproximación, sempre politicamente incorrecta, a asuntos de máxima actualidade como a loita feminista, a independencia de Cataluña ou o terrorismo.
Pero, como non podía ser doutra maneira tamén tiveron tempo para bromear con Pontevedra. E si, Roelio, obxectivo de continuas bromas desde o programa La resistencia, que David Broncano presenta en Movistar Plus, tamén foi protagonista.
Xa mesmo desde a súa chegada á cidade, xa que a través da súa conta de Twitter encomiou a beleza de Pontevedra, que puxo en contraste co sentimento que lle provoca a mascota do club granate.
Lo bonita que es Pontevedra y lo feo que es Roelio.
— David Broncano (@davidbroncano) 17 de marzo de 2018
Iso si, quedou a ben co público ao poñerse unha camiseta do Pontevedra, co nome do ex xogador Rubén Reyes, na recta final do seu espectáculo. Iso si, cambiando o patrocinador pola palabra "coca". Quequé, pola súa banda, vestiu unha das camisetas que a compañía pontevedresa Rei Zentolo editou con motivo da serie Fariña.
Os tres cómicos, ademais, interactuaron moito co público pontevedrés e bromearon con que, ao acabar a función, iríanse a La Lúa agora que Carabás estaba pechado.
Relacionadas:
-
David Broncano "felicita" ao campión da Copa Federación... "Roelio"
Por Alejandro Espiño |
-
David Broncano segue a burlarse de Roelio: agora decide lanzalo en globo como "basura espacial"
Por Noelia Torres Pintos |
-
O humorista David Broncano 'cébase' con Roelio na televisión nacional
Por Redacción |
-
'La Vida Moderna' ofrece unha sesión extra en Pontevedra e as entradas volven esgotarse en menos de 24 horas
Por Redacción | Creada e actualizada