A BMP 'abraza o Miño' para iniciar con sons de Galicia e Portugal o seu ciclo de primavera
Por Redacción & Diego Torrado
Co seu habitual éxito, a Banda de Música de Pontevedra comezou este domingo o seu ciclo de primavera. Fíxoo no Teatro Principal ante un público entregado que gozou con sons chegados de ambos os lados da fronteira do río Miño.
Os músicos da banda protagonizaron unha actuación que, baixo o título Abrazando ao Minho, ofreceu unha colaboración artística entre Galicia e Portugal, na que contaron coas voces da cantante portuguesa Tania Esteves e da galega Begoña Lorenzo.
O repertorio estivo composto, entre outros por temas tan popular como Negra sombra, O sancristán de Coimbra, Unha noite na eira do trigo, Havemos de ir a Viana ou a Cançao do Mar.
A próxima cita co ciclo de primavera da Banda de Música de Pontevedra, que é de carácter gratuíto, será o domingo 25 de marzo.
Esta actuación estará centrada ao redor da obra 'Cidades' do compositor Guillermo Lago, e contará coa actuación especial do cuarteto de saxofóns Dextrum Ensemble.
Relacionadas:
-
Sete concertos integran "Sons na Rúa", o ciclo estival da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción |
-
O 'non á guerra' da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A diversidade, a paz e os novos prodixio, protagonistas do ciclo de primavera da BMP
Por David Arana & María López Verdial |
-
A Banda de Música de Pontevedra interpreta os sons da 'Terra Meiga'
Por Diego Torrado |