Sing Along propón cantar e bailar en directo co musical Grease en Pontevedra
Por Redacción
Coñeces todas as cancións de Grease? Pois tes unha cita o vindeiro venres 23 de marzo, a partir das 21.00 horas, co espectáculo de karaoke Grease Sing Along, que terá lugar no auditorio de Afundación de Pontevedra.
Sing Along é unha proposta que ofrece ao espectador a oportunidade de sentirse como o actor principal da súa historia favorita, cantando e bailando todas as cancións dun título mítico.
Nesta ocasión chega a Pontevedra co coñecido musical Grease, a historia de amor ambientada nos anos cincuenta protagonizada por John Travolta e Olivia Newton-John.
Os asistentes poderán cantar e bailar cos cantantes e bailaríns en directo todos os temas da película, que aparecerán na pantalla subtitulados en formato karaoke.
As entradas para este espectáculo pódense adquirir en ataquilla.com.