O SONwall celebra o seu aniversario con un festival de música independente
Por Clara Alonso
O SONwall celebra a súa primeira festa de aniversario en Vilagarcía de Arousa a finais do mes de marzo.
O evento divídese en dous días e ocupará distintos lugares do municipio. O venres 30 a música invadirá o primeiro piso do Rock Bar Miudo, onde continuará a festa na madrugada do sábado 31. Sumaranse concertos matutinos ao aire libre na rúa Romero Ortiz e á noite o Pub Musaraña será o encargado de pechar o festival con varias interpretacións e algunhas sorpresas máis.
Oferta un cartel composto principalmente por autores independentes e experimentais, entre os que se atopan Blanco Palamera, quen presentará unha previa do seu traballo influenciado pola música electrónica.
Tamén subirá ao escenario Marem Ladson, novo talento que destacou no DCODE de 2017 co seu último debut de estilo acústico e folklórico. Travesti Afgano continúa na súa liña, mesturando idiomas e xerga e improvisando co público, e levará a Vilagarcía o seu segundo disco 'Nos Vale Madre', dándolle o toque roqueiro ao festival.
O obxectivo do evento non é outro que compartir o gusto pola cultura musical, polo que a entrada será totalmente gratuíta. Poranse á venta boletos colaborativos de 10 euros para aqueles que queiran axudar a financiar o festival. Poderanse intercambiar por bebidas nas instalacións e acceder ao sorteo de agasallos.