Juan Mejuto, o fotógrafo que busca algo diferente no cotiá
Por Mónica Patxot
O Ateneo de Pontevedra e Taller Abierto, en colaboración coa Vicerreitoría do Campus, organizaron este luns na Casa das Campás un encontro co fotógrafo Juan Mejuto, dentro do programa Forophoto.
Juan Mejuto, ainda que santiagués de nacemento, considérase un pontevedrés máis, despois de medio século na cidade do Lérez. Autodidacta, non se encadra en ningún tema, senón que se ten por un fotógrafo que busca algo diferente no cotiá, cunha paixón destacada, a fotografía de camelias.
Autor de carteis deportivos alá polos anos 70, principalmente de baloncesto, deporte que practicou e do que foi cronista no Diario de Pontevedra. Fotógrafo de Ence, redactor e reporteiro gráfico da súa revista, culminando a súa faceta industrial coa publicación do libro, "Ence, 50 años en imágenes".
Na actualidad cede fotos a varias publicacións, e carteis publicitarios en páxinas web como Galipedia e colabora co xornal dixital PontevedraViva.com
Realizou dúas exposicións individuais monotemáticas sobre as camelias, no Liceo Casino de Pontevedra e na Casa da Cultura de Boiro, participando tamén en varias exposicións colectivas, unha itinerante co grupo Sálvora de Flickr e outras de ForoPhoto.