Ana Moura emociona co seu fado no Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado
A emoción do fado contaxiou ao público do Pazo da Cultura coa bonita voz de Ana Moura.
A fadista portuguesa visitou este domingo Pontevedra dentro da xira mundial de presentación do que é o seu sexto album discográfico, titulado 'Moura'.
O seu timbre grave, sensual e melódico non deixou indifirente a ninguén.
'Moura' é un traballo que sucede a 'Defado', o disco máis vendido no país veciño nos últimos anos, no que incorpora grandes nomes da música portuguesa como Carlos Tê, Samuel Úria, Jorge Cruz, Edu Mundo ou Sara Tavares, ademais de interpretar temas doutros músicos destacados, como Miguel Araújo ou Pedro da Silva (Deolinda).
Todo iso dá boa proba da categoría da artista, que vendeu ao longo da súa carreira máis de 300.000 discos e logrou dous Globos de Ouro e dous Premios Amalia, ademais de protagonizar colaboracións con cantantes da talla de Caetano Veloso, Gilberto Gil, Prince ou os Rolling Stones.