Chega a Marín a II edición dos Cantos de Taberna
Por David Arana
Marín celebra este venres 9 de marzo a súa segunda edición de Cantos de Taberna, festa que trata de recuperar a tradición da música popular nos bares e tabernas de pobo que tanto se están perdendo a día de hoxe.
Este festexo está organizado polo grupo 'Os Saljariteiros' en colaboración co Concello de Marín e contará coa actuación deste grupo e ademais cos pontevedreses ' Maravallada', que encherán de música diferentes locais da vila.
A velada comezará coa actuación de 'Os Saljariteiros' no bar Miño ás 21:30, seguindo por 'Atalaya', 'A de Tere' e 'Bar Dunas'. ' Maravallada' comezará en 'Atalaya' á mesma hora, e seguirá a súa ruta pasando polo 'Bar Miño', 'Bar Dunas' e finalmente 'A de Tere'.
A I Edición de Cantos de Taberna, tamén organizada por 'Os Saljariteiros', tivo lugar o pasado mes de febreiro e estiveron acompañados polo grupo 'Os Abobóriga' de Baiona. O éxito da festa foi rotundo, segundo informa o Concello de Marín, polo que nesta segunda edición animan a todos os veciños a achegarse para poder gozar dunha arte que se está tentando recuperar por parte dalgúns colectivos.