Vermú poético Rosalía de Castro en Bueu
Este sábado 24 de febreiro, celebrarase no Concello de Bueu o Día de Rosalía.
Esta celebración consistirá nun vermú poético na sala Dominguez Búa, acto no que os asistentes serán agasallados cunha camelia e cun libro de poesía.
Será unha actividade desenvolta a partir das 12.00 horas e todas as persoas interesadas serán quen de asisir e ademáis ofrecerse a ler uns versos da nosa poeta máis recoñecida.
Este é un acto en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a Libraría Miranda e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que que é representante Eva Mejuto.
Tamén en Bueu, o 7 de marzo comezará no Centro Social do Mar un obradoiro de alfombristas, organizado pola Asociación Cultural das Alfombras de Bueu.
Nel todas as persoas interesadas poderán aprender a confeccionar tapices florais.
Este obradoiro terá lugar os martes e os xoves de 17.00 a 19.00 horas entre o 7 e o 23 de marzo.