O conservatorio Manuel Quiroga estará no Musika Música
Un ano máis, o conservatorio Manuel Quiroga participará no festival de música clásica 'Musika Música', que actualmente se celebra en Bilbao.
O principal obxectivo deste festival é difundir e promover a música clásica, para o que pon en marcha unha ampla carteleira de concertos e actividades paralelas nos que participan artistas locais e internacionais de prestixio.
A XVII edición de 'Musika Música' celebrarase os días 1, 2, 3 e 4 de marzo no Palacio Euskalduna de Bilbao, e este ano o fio conductor será a música composta en Europa no período de entreguerras.
O conservatorio Manuel Quiroga participará nesta edición interpretando varias pezas por parte da orquesta e do departamento de piano do centro.
O conservatorio abre as súas portas o sábado 24 de febreiro a partir das 11.00 horas para coñecer máis sobre este festival e para presenciar o ensaio xeral previo.