Xoel López volve a Sala Karma para presentar "Sueños y Pan"
Por Alejandro Espiño
Pontevedra volverá gozar da música en directo de Xoel López. O artista coruñés regresará o próximo 19 de abril á Sala Karma. Presentará en concerto, a partir das 22.00 horas, o seu novo disco: Sueños y Pan.
Sueños y Pan é do décimo cuarto disco da carreira de Xoel López, o seu terceiro traballo en solitario. Trátase dun álbum que dá continuidade ás súas dous anteriores, Atlántico e Paramales, onde nos presentou un novo son máis afastado do rock dos seus inicios.
As súas viaxes, os seus descubrimentos, os seus encontros, as súas nostalxias, a súa paternidade e as súas influencias musicais aparecen nun disco no que o músico galego alcanza a súa plena madurez como artista e no que volve demostrar un exercicio de gran liberdade creativa.
O disco, composto por dez temas, saíu á venda o pasado mes de novembro e situouse entre os máis vendidos do momento.
As entradas para este concerto xa están á venda en Carnaby, Bullitt Store, El Pequeño e ticketea.com.
Será o cuarto concerto de Xoel López en Pontevedra nos últimos anos, tras o que ofreceu no Pazo da Cultura en decembro de 2015, nas Festas da Peregrina de 2016 e na propia Sala Karma a finais desde mesmo ano.