Aberto o prazo para o obradoiro 'Cartografías da Ficción Televisiva'
A Universidade de Vigo poñerá en marcha durante o mes de mes de abril un obradoiro titulado 'Cartografías da Ficción Televisiva'. Trátase de un recorrido a través de diferentes contidos audiovisuais que servirá para analizar a televisión dende diferentes ángulos de estudo.
Os contratos sociais a través de 'House of Cards', a "conciencia-ficción" de 'Black Mirror' ou o cine-televisión de 'Game of Thrones' serán algúns dos temas tratados na actividade. Os participantes poderán, entre outras cousas, analizar a natureza do texto televisivo, reflexionar sobre o rol que desempeñan eses contidos na sociedade e comprender os parámetros políticos, económicos, culturais ou estéticos da produción contemporánea.
O período de preinscrición do obradoiro remata o día 26 de marzo e a súa realización comprende entre o 2 de abril e o 2 de maio, os luns e mércores de 17.00 a 20.00 horas no Seminario 6 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Está aberto a cualquier tipo de público, non só universitario. Para máis información consultar este enlace.