'La Vida Moderna' ofrece unha sesión extra en Pontevedra e as entradas volven esgotarse en menos de 24 horas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O espazo 'La Vida Moderna' converteuse nun referente humorístico nas noites radiofónicas desde 2014. Este programa que se emite na Cadena Ser conta con numerosos seguidores en toda España. Por este motivo decidiron realizar actuacións en diferentes puntos do territorio nacional co seu espectáculo 'La Vida Moderna Live Show' e un destes espazos é a sede de Afundación en Pontevedra.
Deste xeito, David Broncano, Ignatius Farray e Quequé sacaron á venda as entradas para a súa función pontevedresa prevista para o sábado 17 de marzo. Foi anuncialo no programa radiofónico e a venda disparouse, esgotándose as entradas en apenas unhas horas.
Por este motivo, o trío cómico decidiu ofrecer unha sesión extra en Pontevedra deste show cheo de improvisacións no que se combina o formalismo de Quequé cos berros e as expresións histriónicas de Ignatius, ademais das irónicas reflexións de Broncano. Eles veñen ademais de lograr un novo éxito: que o "ipno" de Moderdonia se convirta en viral para desbancar á versión techno do 'Cara al sol' no número 1 de Spotify.
A nova función será o domingo 18 de marzo, ás 12.30 horas, tamén na sede de Afundación. As entradas para esta sesión matinal puxéronse á venda este mércores 30 con prezos entre os 19 e os 21 euros e, en menos de 24 horas, Ataquilla volveu colgar o cartel de "esgotadas".