As espectaculares voces de Alabama Gospel Choir sorprenden en Afundación
Por Diego Torrado
Vinte artistas subiron este sábado 13 ao escenario da sede de Afundación e deixaron impactado ao público cunha colección de voces poderosas. O espectáculo de Alabama Gospel Choir sorprende e amosa a calidade vogal da agrupación.
Baixo o título de Hallelujah!, a agrupación realiza un percorrido sobre temas espirituais do século XIX, temas de carácter relixioso, para despois achegarse ás cancións de protesta e ás marchas da liberdade tan coreadas durante o século XX.
No repertorio non faltan temas coñecidos como Oh Happy Day! e melodías atractivas a ritmo de góspel que contaxiaron entusiasmo ao público.