O mellor ilusionismo do mundo, xunto no Galicia Magic Fest de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
A gala Galicia Magic Fest, dirixida polo pontevedrés Pedro Volta, volveu a ser todo un éxito. Centos de persoas abarrotaron as dúas funcións dun encontro que trouxo a Pontevedra a grandes nomes do ilusionismo internacional.
Grandes e pequenos gozaron coas sorprendentes e espectaculares actuacións da estadounidense Tina Lenert, unha das magas máis prestixiosas do mundo; ou o dúo ruso Kibalyon, formado por Inna Rudova e Guillermo Neumaye, especialistas en cambios de vestiario ultrarrápidos.
O arxentino Henry Evans, un referente dentro do ilusionismo, e o mago español Arkadio, que presentou o seu último espectáculo de grandes ilusións nesta cita, completaron a nómina de artistas que actuaron neste II Galicia Magic Fest.
Foi, en todo caso, unha noite chea de emocións na que Pedro Volta, ademais de dirixir o espectáculo, actuou como mestre de cerimonias.
Relacionadas:
-
O mago pontevedrés Pedro Volta, rescatado por un incidente nun truco de escapismo
Por Redacción |
-
Afundación acolle a segunda edición do festival de ilusionismo "Galicia Magic Fest"
Por Redacción |
-
A ilusión non se perde coa idade: nenos e maiores gozan do Galicia Magic Fest
Por Redacción & Mónica Patxot |