A compañía de Blanca Marsillach representa un musical sobre ecoloxía en centros escolares
Por Mónica Patxot
Este martes e mércores, os escolares do CEIP A Xunqueira 2 e do Manuel Vidal Portela puideron gozar da obra musical infantil 'El invisible Nikolaus', da compañía Varela Producións, a agrupación teatral da actriz Blanca Marsillach.
A obra ofrece a historia centrada no coidado do medio ambiente, co obxectivo de concienciar aos escolares sobre os riscos que corre a contorna se non se coida de maneira correcta. O vestiario dos personaxes foi confeccionado en Broadway e o espectáculo conta con sete cancións orixinais e un karaoke.
Os personaxes da historia entre os que se atopan un touro, unha pingüín e un esquilo amosan aos pequenos a necesidade de coidar da natureza e dos animais.
Este proxecto forma parte dunha colaboración entre a compañía de Blanca Marsillach e a Xunta de Galicia coa intención de fomentar o teatro social educativo.