Natalia Sánchez e Fernando Guillén Cuervo presentan "Oleanna" en Pontevedra
Por Redacción
O vindeiro xoves 14 ás 20.30 horas na Sede Afundación de Pontevedra sairá a escena a obra de teatro Oleanna, de David Mamet, protagonizada por Natalia Sánchez e Fernando Guillén Cuervo e dirixida por Luís Luque.
Carol (Natalia Sánchez) é unha estudante universitaria que chega ao despacho do seu profesor para pedir que lle suba a nota dunha materia; a partir desta sinxela premisa arranca unha historia sobre a loita de poder entre dúas persoas.
A historia conta unha encarnizada loita onde se mestura o acoso sexual e cuéstionase o sistema académico vixente, querendo revelar unha verdade oculta.
Nesta obra Mamet mostra que estes dous personaxes están equivocados e que ao mesmo tempo levan razón. A lectura de Oleanna provoca desasosego e incerteza nunha sociedade onde se necesita identificar claramente quen é o malo e quen é o bo.
Pero, realmente, todo o mundo é esa estudante e, á vez, ese profesor.
Relacionadas:
-
A denuncia do acoso sexual, a través da mirada de Natalia Sánchez e Fernando Guillén Cuervo
Por Mónica Patxot |
-
Cheo en Afundación para gozar do humor de David Guapo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os 'cranios privilexiados' de Mofa e Befa repasan o mundo da filosofía
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |