Jorge Castillo trae ao Museo de Pontevedra obras que se expoñen por primeira vez en España
Por Oskar Viéitez
O Museo de Pontevedra acolle unha mostra retrospectiva sobre a obra do pintor pontevedrés de proxección internacional Jorge Castillo, que poderá verse no Sexto Edificio desde o 30 de novembro ata o 28 de xaneiro.
Recolle unha coidada selección de obras desde o ano 1952 ata a actualidade, comisariada por Pilar Corredoira, que se inaugurará o vindeiro xoves ás 20:00 horas.
Baixo o título 'A visión dunha obra' proponse un percorrido retrospectivo a través de pezas, fundamentalmente pictóricas, que abranguen desde o ano 1952 ata 2017.
Destacan particularmente os tres cadros de grandes dimensións que compoñen o famoso 'Triptico de Palomares', sobre a caída da bomba nuclear americana no Mediterráneo cerca das costas da localidade almeriense de Palomares, e que participou na Documenta de Kassel en 1968 e que, ademais, segundo indicou a comisaria, nunca antes foi exposto en España.
A mostra é a terceira que a obra de Jorge Castillo protagoniza en Pontevedra, contando todas coa participación e patrocinio da Deputación e do Museo de Pontevedra.
O pintor amosouse "feliz de estar aquí, que é onde nacín e onde sempre fun moi ben acollido". "O meu traballo foi sempre a busca dunha emoción", así tratou de definir o propio autor a súa obra.