Tchaikovsky chega a Pontevedra da man do Ballet de Moscova
Por Diego Torrado
O auditorio da sede de Afundación en Pontevedra acolleu este sábado unha representación que non lle é nova ao seu escenario: o clásico de Tchaikovsky O lago dos cisnes, que nesta ocasión chegou da man do Ballet de Moscova.
O Ballet de Moscova foi fundado por Timur Fayziev en 1989, tras retirarse dos escenarios despois de percorrer gran parte do mundo como bailarín e fundar a súa propia academia de formación de bailaríns.
Desde entón, exhibe un repertorio formado polas mellores pezas do ballet clásico, e o seu prestixio e recoñecemento internacional non deixaron de crecer, froito do rigor e a profesionalidade coa que realizan todas as súas montaxes.