Búscanse mecenas para publicar o primeiro libro de Dina Mita
Por Redacción
A artista Ticiana Ghiglione acaba de iniciar un proxecto de crowfunding para publicar o primeiro libro do seu personaxe Dina Mita.
Como explica a autora, Dina Mita é "o que o seu nome indica, explosiva, pero de pensamento e palabra, que ninguén se vaia a asustar! Dina é reflexiva, xusticieira, irreverente, irónica, crítica, fantasiosa, inxenua, tenra e tamén un pouco preguiceira". O personaxe naceu hai algúns anos como "necesidade" da autora de "expresar o meu malestar ante a mal chamada crise".
Ticiana avanza que será un libro de viñetas que se chamará "DINAMITA-DÁS, O espertar da ironía" e incluirá algunhas sorpresas. Quen se apunte a colaborar como mecenas obterán o "kit Dina Mita de rúa" que consta de dúas chapas, dous adhesivos e unha viñeta en cor a elixir, en tamaño A4, plastificada e dedicada.
As achegas dos mecenas dedicásense principalmente á impresión do libro e tamén á produción das recompensas, os gastos de envío, as comisións varias e a un "capricho" de Dina Mita, "un alfajor de mousse de chocolate e que di que é requisito indispensable para ceder os seus dereitos de imaxe".
O proxecto pecharase sobre finais de decembro ou principios de xaneiro que será cando se envíe o libro a imprenta e que estará listo para empezar a ser enviado a partir desa data, a finais de xaneiro ou principios de febreiro.