A curta galega "Einstein-Rosen", premio Áncora de Ouro do Curtas Armadiña 2017
Por Redacción
A curtametraxe galega "Einstein-Rosen" recibiu o premio Áncora de Ouro á mellor curtametraxe no Curtas Armadiña 2017.
A curtametraxe, rodada no Barrio das Flores da Coruña e dirixida por Olga Osorio -foi gravada cun equipo cento por cento galego-, recibiu este domingo o principal galardón do festival poiense, no que competían unha trintena de traballos nas diversas seccións, que este ano contaron por primeira vez cun xurado feminino.
"Einstein-Rosen" ambiéntase no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns, o máis pequeno dos cales asegura atopar un buraco de verme.
A curtametraxe alzouse co premio principal do festival, no que tamén se concederon estoutros galardóns:
- ÁNCORA DE PRATA - PREMIO DO PÚBLICO
- Como yo te amo. Dirixida por Fernando García-Ruiz
- ÁNCORA MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN:
- Contact. Dirixida por Alessandro Novelli
- ÁNCORA A MELLOR CURTAMETRAXE MEDIOAMBIENTAL:
- El hombre de agua dulce. Dirixida por Álvaro Ron
- ÁNCORA A MELLOR VIDEOCLIP EN GALEGO
- "Non é verán de Estrella Damm" - Ezetaerre. Dirixa por Alicia Alonso García
- PREMIO CURTAS ARMADIÑA 2017
- Nerea Barros.
Relacionadas:
-
Juan de Castro, Pilar Varela, María Roja, Laura Doval e Pablo Cacheda, xurado do Festival Curtas Armadiña
Por Redacción |
-
Curtas Armadiña 2017 arranca o luns 13 coa súa edición máis completa e innovadora
Por Oskar Viéitez |
-
Nerea Barros recibirá o premio Curtas Armadiña 2017
Por Redacción |
-
O festival Curtas Armadiña convértese este 2017 en fábrica de cineastas
Por Redacción |