A Sala X de Belas Artes acolle unha escolma de obras da Bienal de Cerveira
Por Redacción
A Bienal Internacional de Arte de Cerveira reunía este verán en Vila Nova de Cerveira máis de 600 obras de preto de 500 artistas de 35 países.
Agora, a fundación que promove esta bienal quere difundir estes traballos de creación artística como "un medio de comunicación intercultural" e, desta forma, unha selección de obras foron presentadas este venres na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Esta mostra poderase visitar ata o 17 de decembro e nela pódense observar obras de 24 artistas procedentes de oito paíse, principalmente de fala hispana e lusófonos.
Segundo publica Eduardo Muñiz no DUVI, esta exposición ten como obxectivo confrontar diversas linguaxes e opcións estáticas de artistas con narrativas similares.