Aires porteños para unha nova cita coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
O ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra (BMP) viviu este domingo o seu día máis arxentino. Foi cun concerto que, baixo o nome de Melodías porteñas, ofreceu unha selección de pezas creadas por compositores nados en Bos Aires.
A actuación da BMP, como é habitual neste ciclo, celebrouse no Teatro Principal de Pontevedra en horario matinal.
Os integrantes da banda pontevedresa, coa colaboración do clarinete solista Jorge García Porral como convidado, interpretaron traballos de Alberto Ginastera, Jorge Calandrelli ou Astor Piazzolla.
O próximo concerto da BMP será o vindeiro domingo 26 de novembro no Teatro Principal, a partir das doce da mañá. Leva por título Música para lembrar e contará como convidado co mestre italiano Andrea Gasperin.
Relacionadas:
-
A BMP invita os pontevedreses a "Unha noite na ópera"
Por Redacción |
-
Mosaicos resonantes coa Banda de Música de Pontevedra no Teatro Principal
Por Diego Torrado |
-
Concerto estilístico da BMP adicado aos grandes compositores e as oberturas
Por Diego Torrado |
-
A Banda de Música de Pontevedra organiza oito concertos no ciclo outono-inverno
Por Anxo Lourido |