O acto central do ano de homenaxe a Alejandro de la Sota celebrarase en Pontevedra
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra será escenario do acto central do ano de homenaxe ao arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota.
A cesión deste espazo é a petición que lle trasladaron ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente e vicepresidente da Real Academia Galega das Belas Artes, Manuel Quintana e Celestino García, este mércores nun encontro ao que tamén asistiu a concelleira de Cultura, Carmen Fouces.
A academia decidiu o pasado mes de xullo dedicar o ano 2018 á figura de De la Sota no Día das Artes Galegas.
"É unha sorte que houbera nacido en Pontevedra e que catro aás súas obras emblemáticas estean aquí", explicou Celestino García sobre o arquitecto, a quen considera "o máis influínte na segunda metade do século XX en España".
Esas obras ás que se refire o académico son o Pavillón Municipal dos Deportes, o edificio situado na antiga Rúa Gondomar (agora arquitecto De la Sota), a Misión Biolóxica e a casa da familia Domínguez na Caeira.
O ano de homanaje a Alejandro de la Sota contará cunha serie de actos que se están programando en colaboración da escola de arquitectura e o Colexio de Arquitectos de Galicia.
Relacionadas:
-
Unha exposición na rúa para coñecer a Alejandro de la Sota e a súa arquitectura de "pasarlo bien"
Por Diego Espiño |
-
O arquitecto Alejandro de la Sota será homenaxeado no Teatro Principal o 14 de abril
Por Oskar Viéitez |
-
O arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota será a figura homenaxeada no Día das Artes Galegas 2018
Por Oskar Viéitez |