O escritor marinense David Gago presenta a segunda entrega da saga 'El Diario de Ertélion'
Por Redacción
Este venres 10 de novembro ás 20.30 horas, o Museo Manuel Torres, de Marín, acollerá a presentación de 'El Asalto', a segunda entrega da saga literaria 'El Diario de Ertélion', do escritor marinense David Gago Sampedro.
O acto será presentado por Miguel González Beltrán e contará cunha exposición de ilustracións sobre o universo de Ertélion, elaborado por Esther Arjona López. Esta mostra permanecerá no Museo ata o día 19 baixo o título 'Diario de Tinta'. Trátase dunha combinación do reto Inktober 2017 coa inspiración nada da novela 'Los Guardianes', primeira parte da saga de David Gago, un volume que aínda está dispoñible para os interesados na súa lectura.
Esta saga pertence aos xéneros literarios fantástico e de ciencia ficción. Baséase en documentos, recentemente desclasificados que foron enviados ao espazo desde un planeta xa desaparecido, no que se loitou contra a tiranía.