'Tragasueños' de Teatre al Detall abre o Festival das Cóxegas
Por Diego Torrado
Ábrese o pano e aparece unha cama onde transcorren as historias de dous personaxes moi identificables: Insomnio e Sueño. Así se presentaba no escenario do auditorio do Pazo da Cultura o espectáculo 'Tragasueños' da compañía Teatre ao Detall que abre o Festival das Cóxegas 2017, que se desenvolverá durante os domingos deste mes de novembro.
Os dous personaxes centrais convertéronse nesta montaxe no centro de atención para o público infantil que acudiu a ver esta obra divertida e imaxinativa, que conta coa música en vivo da Tresca i a Verdesca.
O ciclo teatral, destinado a público familiar, continuará o domingo 12 coa compañía Tresperté que ofrecerá 'Oopart. Historia dun contratempo', un espectáculo que combina circo e teatro.