O Cantar de Cego percorre o centro histórico promocionando o Pergamiño Vindel
Por Anxo Lourido
A Universidade de Vigo, como promotora da visita a Galicia do Pergamiño Vindel desde o Museo de Nova York e do Museo Morgan no que figuran sete cantigas de amigo do trobador Martín Códax, está a tentar trasladar á cidadanía a presenza deste documento. Para iso, un cego e o seu acompañante percorren centros históricos de distintos puntos da comunidade.
Este domingo visitaban a zona monumental de Pontevedra dramatizando un Cantar de Cego especialmente composto para a ocasión, interpregado polo regueifeiro Luís Correa O Caruncho no papel de cego. Como guía, Chus Iglesias acompáñalle neste percorrido por distintos concellos galegos e invitan a residentes e turistas a visitar a mostra para ver o Pergamiño Vindel.
O manuscrito, que pertence ao século XIII, é un documento de gran relevancia histórica que foi descuberto en 1914 polo libreiro Pedro Vindel. Recolle sete cantigas do autor galego e o pergamiño pódese ver no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, entre outubro deste ano e marzo de 2018.