A Coral Polifónica de Pontevedra enche o Teatro Principal de música tradicional galega
Por Diego Torrado
O Teatro Principal acolleu este sábado 4 o concerto da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra nun recital no que estivo acompañada pola Coral de Ruada de Ourense para interpretar pezas da música tradicional galega.
O gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez tamén tivo un papel protagonista neste evento acompañando ás voces da Coral Polifónica.
A histórica Polifónica foi fundada en 1925 por ilustres intelectuais galegos, entre os que se atopaba Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Entre o amplo repertorio que interpreta este conxunto atópanse madrigales e polifonía dos séculos XVI e XVII, ademais de música medieval ou, como se puido comprobar neste concerto, música popular harmonizada.
A Coral Polifónica realizou xiras tanto polo continente europeo como por América e actuou ante figuras tan destacadas como o Papa Xoán Pablo II ou o Rey Felipe VI.