Aberto o prazo para presentarse ao Certame de relatos Matilde Bares
Por Redacción
O Centro de Información á Muller (CIM) de Bueu anuncia que está aberto o prazo para a presentación de traballos ao VIII Certame de relatos de Muller Matilde Bares.
Os participantes terán que abordar cuestións relacionadas coa muller. Valorarase por parte do xurado o tratamento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas obrigacións familiares e sociais e a prevención e eliminación da violencia machista.
O premio consistirá nunha dotación de 1.500 euros e a persoa gañadora coñecerase durante o mes de febreiro de 2018.