Leopoldo Nóvoa será homenaxeado pola Real Academia Galega de Belas Artes
Por Redacción
A Real Academia Galega de Belas Artes organiza un acto de homenaxe en lembranza o pintor e académico de honra Leopoldo Nóvoa García, con motivo dos cinco anos do seu pasamento acaecido no mes de febreiro de 2012.
O evento terá lugar na sede da Academia este martes, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Participarán os académicos de número Celestino García Braña, Xosé Carlos Valle Pérez e Xurxo Lobato Sánchez, acompañados de Susana Carlson, viúva do artista.
Leopoldo Nóvoa, nado en Salcedo en 1919, é o protagonista da mostra "O mural da canteira", que se inaugura o próximo xoves 5 no Concello da Coruña.
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra recibe 68 obras de Leopoldo Nóvoa doadas pola súa viúva, Susana Carlson
Por Redacción |
-
O Museo celebrará o centenario do nacemento de Leopoldo Nóvoa cun documental sobre a súa figura
Por Redacción |
-
Castelao, Laxeiro e Leopoldo Nóvoa, referentes da exposición Segundo Gabinete de Curiosidades
Por Redacción |