Manquiña e Zahera botan un pulso para ver quen é máis retranqueiro
Por Diego Torrado
Manuel Manquiña, o actor que se fixo moi popular tras o éxito de 'Airbag', a película de Juanma Baixo Ulloa e Luís Zahera, o inesquecible "Petróleo" da serie 'Mareas Vivas' emitida pola Televisión de Galicia conseguiron que o público que onte á noite se achegou polo Pazo da Cultura soltasen gargalladas coa súa vea máis humorística.
Unha vez máis, as 'Noites de retranca' ofreceron un divertido espectáculo no que os dous actores contaron anécdotas cargadas de ironía.
Nas súas historias non faltou a crítica á situación política actual e, por suposto, recrearon os comportamentos tradicionais do modo de ser dos cidadáns galegos.