Lola Herrera amosa o seu esplendor no Pazo da Cultura en 'La velocidad del otoño'
Por Diego Torrado
Lola Herrera é unha actriz de carácter e cun estilo propio, que segue en pleno vigor aos seus 82 anos. Así o demostrou este venres na representación de 'La velocidad del outono' no Pazo da Cultura, acompañada polo coñecido actor Juanjo Artero.
Trátase dunha obra divertida, mordaz e tamén moi analítica sobre a fraxilidade e a rapidez da vida. A montaxe mostra como a sociedade ignora ás persoas de avanzada idade a través da historia dunha artista que se enfronta á súa familia á hora de decidir onde vai pasar os últimos anos da súa vida.
O seu fillo máis novo, interpretado por Artero, que regresa ao fogar despois de dúas décadas de ausencia convértese nun mediador nesta trama de carácter familiar, que foi seguida por numeroso público.