Comeza o mes de outubro con música de corais en Marín
Por Redacción
O próximo 1 de outubro, ás 19:30 horas no Multiusos da Praza de Abastos, terá lugar o Certame de Outono de Corais.
Segundo avanzaron este mércores na presentación do evento, participarán a Coral Polifónica Socio-comunitaria de Marín, a Coral Polifónica "Acordes" de Bueu, Coral Polifónica "Lembranzas" de Marín, e a Coral Polfónica "San Xulián" de Marín.
Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Marín. Foi presentada por integrantes da Coral de San Xulián e a concelleira de cultura, María José Dopazo.