A ría de Pontevedra vista polo fotógrafo Xan Xiadas
Por Mónica Patxot
Ata o próximo 12 de novembro permanecerá aberta a exposición de fotografía de Xan Xiadas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Baixo o título 'Areas de Sal' o fotógrafo pontevedrés descobre a súa particular visión da ría.
Espazos naturais, fauna, flora e tamén a relación do home coa ría atópanse reflectidos na exposición, que se corresponde con seis anos de traballo.
'Areas de Sal' foi inaugurada este xoves coa presenza do autor e de representantes municipais.
Esta mostra súmase á proposta de pintura 'Na beira do río. Diálogos na pintura' que tamén pode visitarse estes días no Pazo da Cultura.